miércoles, 19 de agosto de 2009

EL RÍO DEL OLVIDO


Dice el oráculo wikipédico que en la mitología griega, Lete o Leteo (en griego antiguo Λήθη Lếthê, ‘olvido’ u ‘ocultación’) es uno de los ríos del Hades. Beber de sus aguas provocaba un olvido completo. Algunos griegos antiguos creían que se hacía beber de este río a las almas antes de reencarnarlas, de forma que no recordasen sus vidas pasadas.

En Hispania hay un lugar donde aún hoy se recrea una historia de romanos en la cual el olvido y el río Lete (hoy Limia) son los protagonistas, y es la que explicamos aquí:

La Festa do Esquecemento es un evento de recreación histórica que se celebra en Xinzo de Limia (Ourense) para rememorar la llegada hasta la margen izquierda del río Limia, de las legiones romanas comandadas por Décimo Junio Bruto en el año 135 aC.
La conquista de la parte superior de Lusitania hay que enmarcarla en la política imperialista que desarrolló la república romana a partir de mediados de siglo II aC y que conllevó un rápido incremento de sus fronteras en la Península Ibérica, Norte de África, Ásia Menor y Grecia.
La zona drenada por el rio Limia tiene muy poca pendiente y ello provocó la existencia de una gran laguna (la mayor de Galicia) existente hasta muy avanzado el siglo XX: la laguna de Antela, llamada así por la existencia de una pequeña anta o menhir, aún existente a pesar de algún que otro tractor.
Esta amplia zona lagunar debía recordar a los supersticiosos legionarios la región del Hades, con su río Lete incluido, lo que provocó la negativa de los soldados romanos a cruzar el rio, por miedo a olvidar su identidad, y su propia historia personal. El cónsul romano Décimo Junio Bruto, también llamado "El Galaico", tomó el estandarte de la legión, cruzó el río y, desde la otra orilla, llamó por su nombre a cada uno de los soldados próximos, para convencer a sus soldados de que no había olvidado nada de nada y así poder proseguir la campaña. Sin embargo, parece que una cosa si que debió parecerle impresionante: ver la puesta del sol en el Atlántico, algo impensable para un romano. Tras ello, volvió sobre sus pasos y continuó su dura campaña a sangre y fuego en Hispania, pero eso es otra historia..., dejemos aquí el relato. KuanUm! compartirá la leyenda desde sus fogones en aquellas maravillosas tierras de agua y más agua. Por allí os esperamos, amigos. Por si alguien se animara, adjuntamos a la presente entrada el programa completo que nos pasa la organización, la Asociación Civitas Limicorum de Xinzo, a orillas del antiguo Lete, a quien felicitamos por la labor de recuperación, difusión y puesta en valor de una parte importante de nuestra historia romana.

FESTA DO ESQUECEMENTO. LA FIESTA DEL OLVIDO

Foto La Voz de Galicia A Festa do Esquecemento é unha recoñecida festa de recreación histórica, declarada no ano 2005 de interese Turístico Local, que se celebra dende hai 9 anos, na localidade ourensá de Xinzo de Limia durante a penúltima fin de semana de Agosto. A súa novena edición, terá lugar este ano 2009 os días 21, 22 e 23.

O evento, está organizado polos propios veciños da vila a través dos cerca de cen socios da Asociación Cultural Civitas Limicorum, e nela conmemórase o paso do río Lethes o río do Esquecemento (actual Limia) polas lexións romanas do Cónsul Décimo Xunio Bruto no ano 137 a.Xto., que deu paso ás primeiras incursións romanas na Gallaecia, previas á súa romanización.
A Festa do Esquecemento ofrece unha imaxe viva, e “vivible” por todos os que participan con nós daquel tránsito da orde castrexa á orde romana que, como o cruce do Lethes se presentaba temible, pero tamén excitante e dende logo, ineludible para os Limiaos.

Dende esta perspectiva, o escenario principal da Festa do Esquecemento, é o “Campamento”; Emprazado durante tres días na Alameda do Toural, próxima ao río onde se instalan os 40 grupos celtas e romanos que participan na festa, integrándose nun ambiente de recreación histórica con construcións castrexas e romanas que eles mesmos edifican previamente.

Cada grupo organiza actividades propias compartindo a comida e a bebida, e participando nos diferentes actos comúns propostos pola organización, como son: Os Xogos de habilidade individuais e colectivos; entre eles atópanse o tiro con onda, o tiro con arco ou o lanzamento de xabalina, pedra ou cepo. Tamén aqueles outros de forza, como o tiro da corda ou a competición de serra de troncos; Mesturados con talleres de alfareiría, ou a forxa que nos permitirá asistir á ferraxe dos cabalos de xeito tradicional. Tamén se programan outras animacións e xogos, adicados ós máis cativos, que nesta edición do 2009, poderán desfrutar no Campamento o sábado e o domingo pola mañá.

En calquera caso, existe un acto de especial interese no espazo do Campamento, previsto para o sábado á noite, é, a Cea-Espectáculo que se ven celebrando dende fai varias edicións e que tivo sempre unha excelente acollida. Trátase pois dun peculiar ágape de confraternización entre castrexos e romanos, aberto á participación de calquera persoa que o adquira o convite, no que a exquisita e abundante comida, a base de Leitón, polo asado, carne o caldeiro, chourizos, pan, viño, licores e biscoito, servido sobre pratos individuais feitos de pan de Xinzo, arredor dunha gran mesa en forma de “U”, que nesta edición, vai acolle-la actuación de danzantes, bailarinas, malabaristas, cuspe-lumes, loitadores, e outras excitantes atraccións.

Outro elemento importante da Festa do Esquecemento é o “Macelum” (mercado de artesanía), que se desenrola nas rúas máis céntricas da vila. Neste mercado pódese atopar unha gran variedade de produtos de elaboración artesanal: tecidos, cosmética, xoiería, comestibles, etc. O obxetivo principal do Macelum, é ofrecer ós veciños e visitantes, a posibilidade de coñecer, mercar e degustar produtos exclusivos da artesanía galega maioritariamente, pero tamén doutros lugares da xeografía Ibérica.

Por suposto, neste contexto de recreación histórica que envolve á vila, teñen unha especial relevancia as diferentes Teatralizacións e Desfiles que se desenvolven durante os tres días: Dende o ritual do “Prendido do Lume Sagrado” que sinala o inicio da festa o venres pola noite, no que os mozos e mozas transfórmanse en druídas, deuses, deusas, guerreiros e guerreiras, ou senadores e senadoras; ata a representación do “Cruce do río Lethes” como elemento central da festa; Sen esquecernos da “Gran Batalla” entre romanos e castrexos cuxo resultado e unha teatralización colectiva na que participan tódolos grupos instalados no Campamento, que remata coa “Inhumación do corpo do Xefe Beltain”. Outro punto de interese serán as “Bodas” e os “Nasciturus” (rituais de casamento e de iniciación ás relixións, romana e castrexa).
Pero sen dubida, un dos puntos fortes da festa será, a satírica “Sesión do Senado Romano” que dará un repaso das novas de actualidade Urbi et orbi.

Como novidade este ano, desenvolverase no Campamento, o PROXECTO THERMOPOLIVM (Comer e beber o xeito Romano) que son talleres- degustación de autenticas receitas romanas de fai 2000 anos, como, o Moretvm, Epityrvm, Mel Cvm Papaveris, Germine, Panem Cvm Oleo Salibvs, Apicianis Condito, Cerea (Cerveza sen Lúpulo), Vinvm Graecvm ou, o popular Mvlsvm, feitos polo grupo KuanUm de Hospitalet de Llobregat.

Outra das novidades serán os Obradoiros de Arqueoloxía, e as Exposicións sobre Armamentaria e, sobre a Vida cotidiá na época Romana; que darán a coñecer o legado romano con pezas e paneis informativos nos que os visitantes, poderán experimentar cómo se traballa nunha escavación arqueolóxica, ou coñecer as distintas armas e uniformes Romanos e Castrexos dos primeiros séculos da nosa era.

No tocante ós “Desfiles”, a organización da Festa do Esquecemento, mantén lazos de amizade con moitas celebracións o longo da xeografía Europea, particularmente de España, Portugal e Italia; e como membro da “Asociación Española de Fiestas y Recreaciónes Históricas”, ten unha excelente relación con outras festas similares de diferentes puntos de España, o que nos permite contar coa participación de grupos invitados que contribúen a vistosidade dos cortexos e, en definitiva, aumenta-lo interese da festa en xeral, amais de divulgar o patrimonio cultural e turístico da nosa Terra. Este ano, contaremos entre outros convidados, con colectivos de Cartaxena, Fortuna, Lugo, Cantabria, Narón, Cangas…. E outros de Ponte de Lima, Montalegre e Braga en Portugal; e aínda, con membros do Grupo Stórico Romano, da Cidade de Roma en Italia.

Por último a Festa do Esquecemento vai a ofrecer este ano outros moitos atractivos, como a posibilidade de escoitar Música en directo o Venres pola noite coa actuación do Grupo Folk Alann Bique, que ademais farán unha queimada durante a súa actuación que repartiran gratuitamente entre os asistentes o concerto.

Ou mesmo, asistir ó Espectáculo de Gladiadores do “Circo Romano” o sábado pola tarde, con venda de escravos, espectáculo de lume e danzas romanas.

Tódo los elementos presentes na Festa do Esquecemento, están deseñados dende unha perspectiva de responsabilidade, que nos obriga a conciliar o civismo coa festa, e o respeto cara o patrimonio histórico e natural da nosa vila, coa vontade de potenciar o seu atractivo turístico.